Escoitar

O concelleiro de Seguridade acude a un encontro de grandes cidades coa Dirección Xeral de Tráfico

O obxectivo deste encontro é a implantación de medidas para a redución da siniestralidade nas grandes urbes españolas.

venres, 10 xan 2014
Carlos Lopez Font, concelleiro Delegado de Seguridade do Concello de Vigo, asistiu esta mañá en Madrid a un encontro de representantes de grandes cidades españolas, organizado pola Dirección Xeral de Tráfico, no que se tratou a necesidade de que os concellos colaboren activamente coa DGT en políticas de movilidade, prevención e seguridade viaria.

O Concello de Vigo valorou moi positivamente as propostas realizadas nesta reunión porque na súa maioría coinciden coas que xa se están aplicando na cidade olívica. Neste senso a sala de control de tráfico, pioneira en Galicia e das mellor dotadas de España, os novos plans de semaforización e os plans de seguridade viaria dirixidos a estudantes e diferentes colectivos da cidade son claros exemplos de que Vigo é unha das cidades punteiras na implementación de medidas para a redución de accidentes, algo que quedou patente nesta reunión.

En próximas datas o alcalde de Vigo manterá unha reunión coa Directora Provincial de Trafico para analizar estas cuestións e a firma dun convenio bilateral entre o Concello e este organismo.

Ademais Abel Caballero como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) comprometeuse a impulsar a aplicación destas mesmas políticas activas en todos os Concellos de España.