O alcalde inicia contactos para conveniar unha oferta de garderías para traballadores de empresas

venres, 23 abr 2010

Abel Caballero anunciou este venres o inicio dunha rolda de contactos coas empresas para conveniar a posta en marcha de escolas infantís para os fillos do persoal das entidades. O alcalde propón dar "cobertura integral" de garderías na cidade, coa posta en marcha de catro novas o próximo curso e "alo menos" outras catro para 2011. Caballero prevé que en dous anos o número total supere as 1.000 prazas.

Abel Caballero asistirá á toma de posesión en Vigo do novo bispo da Diócese Tui-Vigo

xoves, 22 abr 2010

O alcalde de Vigo recibíu este xoves ao vicario xeral da Diócese Tui-Vigo, Xesús Gago Blanco, quen invitou ao rexedor vigués ao acto de toma de posesión do novo bispo, o monseñor Luis Quinteiro, celebración que terá lugar na Colexiata o próximo domingo, 25 de abril. Caballero resaltou que "estamos presentes en todos os actos que teñen dimensión social e presencia nesta cidade".

O alcalde anuncia que un profesional vigués instruirá aos bombeiros nicaragüenses no manexo dos dous vehículos doados polo Concello

xoves, 22 abr 2010

Abel Caballero fixo hoxe xoves entrega formal ao embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora, de dous vehículos de bombeiros para dous municipios que actualmente carecen deste servizo. Un bombeiro vigués viaxará ao país centroamericano para instruir aos profesionais nicaragüenses no manexo dos coches. "Estamos satisfeitos de contribuir a unha mellor seguridade para os cidadáns dos municipios de Nicaragua", concluíu o alcalde.

O alcalde e a presidenta da Sociedade Pública de Aluguer inauguran a nova Oficina de Vivenda de Vigo

mércores, 21 abr 2010

Abel Caballero e a máxima responsable do organismo dependente do Ministerio de Vivenda, Nieves Huertas, inauguraron este mércores a nova Oficina de Vivenda de Vigo, ubicada no edificio municipal de Areal. Inquilinos e propietarios poderán informarse das vivendas e servizos que ofrece a Sociedade Pública de Aluguer na Oficina, que tamén atenderá á vivenda protexida que inclúe o Plan Xeral de Vigo.

Vigo avanza no proxecto da implantación do vehículo eléctrico

martes, 20 abr 2010

O alcalde acudiu hoxe a sede do Ministerio de Industria en Madrid para reunirse co Secretario de Estado de Enerxía para poñer os cimentos da implantación do proxecto no que Vigo será a cidade piloto do coche eléctrico. Abel Caballero é o primeiro alcalde que recibe o Secretario de Estado para abordar este tema.

O alcalde subliña que as humanizacións de Regueiro e Tarragona completan a mellora de todo o entorno de POVISA

martes, 20 abr 2010

Abel Caballero visitou este martes os traballos de humanización das rúas Regueiro e Tarragona, no entorno de POVISA, que suman un investimento municipal de 1,3 millóns de euros e darán cabida a medio centenar de árbores, novos puntos de luz, bancos e a renovación das redes de servizo soterradas. A reforma das dúas rúas -que estará rematada en tres ou catro meses- completa a humanización de "todo o que queda entre Regueiro e a Praza de España", indicou o alcalde.

Construirase un terceiro carril por sentido no tramo Enlace de Cangas-Enlace de Teis, que inclúe a ponte de Rande<br /> O Ministerio de Fomento destinará máis de 173 millóns de euros a esta iniciativa

José Blanco presenta o proxecto de ampliación da AP-9 en Vigo

luns, 19 abr 2010

O ministro de Fomento, José Blanco presentou o pasado sábado en Vigo o proxecto de ampliación da capacidade da AP-9 no tramo Enlace de Cangas - Enlace de Teis, que inclúe a Ponte de Rande, a través da construción dun terceiro carril por sentido. A lonxitude deste tramo é de 6 km aproximadamente, dos cales 705 metros corresponden á Ponte de Rande propiamente e 850 metros aos dous viadutos Norte e Sur de acceso á Ponte.

Abel Caballero asistiu o pasado sábado ao acto "Salud es deporte" que tivo lugar no pavillón de Bouzas para poñer de relieve a importancia da práctica deportiva entre a xuventude

O alcalde comparte cos xóvenes deportistas vigueses os valores da saúde e da solidariedade

luns, 19 abr 2010

No acto "Salud es deporte" as xogadoras do Real Club Celta Indepo de Baloncesto feminino e os xogadores do Octavio Pilotes Posada de balonmán, de categorías infantís e xuvenís, compartiron unha xornada marcada polo traballo en equipo e a solidariedade. A intención do acto é a de poñer de manifesto a importancia da práctica deportiva entre os xóvenes, en calquera das súas posibilidades.

O alcalde anuncia novas melloras en Balaídos para continuar coa "humanización integral" da zona

luns, 19 abr 2010

Abel Caballero visitou hoxe luns os traballos de humanización da rúa Eugenio Kraff, na súa segunda fase, "unha das últimas rúas que nos quedan <por reformar> en Balaídos", con 400.000 euros de orzamento. O alcalde avanzou a humanización da beirarrúa entre Kraff e Fragoso, e o deseño dunha mellora viaria no acceso ao estadio desde Manuel de Castro. Caballero cifrou as actuacións "só en Balaídos" en 13 millóns de euros.