mércores, 28 abr 2010
Abel Caballero inaugurou hoxe mércores a humanización do tramo de Sanjurjo Badía entre Pedro Alvarado e Buenos Aires, que culmina coa mellora de toda a rúa, na que investíuse 4 millóns de euros. O alcalde asegurou que, en Teis, humanizarase tamén o inicio da Avenida de Galicia, o paseo da ETEA e arreglarase a fábrica de conservas Garavilla. Ademais, Caballero avanzou que o paseo da Guía está "a punto de ser terminado" e este ano reforestarase a ladeira con especies autóctonas.
mércores, 28 abr 2010
Abel Caballero manterá próximamente unha reunión co ministro portugués de Obras Públicas para estudar o proxecto que uniría en L as cidades de Oporto, Vigo e Madrid, para que "Vigo recupere a centralidade" na Alta Velocidade ferroviaria. O alcalde amosou a súa "satisfacción" polo "compromiso firme" do ministro de Fomento co AVE directo con Madrid por Cerdedo para 2015.
mércores, 28 abr 2010
O alcalde informou hoxe mércores de que a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás adxudicacións provisionais dos traballos de humanización de Tomás Alonso -ata a Curva de San Gregorio-, Bolivia, Padre don Rúa e de López Mora -entre Pi y Margall e José Frau-. Caballero avanzou que as melloras iniciaranse a mediados de maio e finalizaranse en seis meses. "En próximos días" adxudicaranse as actuacións restantes financiadas polo Goberno de España, asegurou o socialista.
mércores, 28 abr 2010
O alcalde, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova mostra do ciclo Mostrarte, o programa que leva as obras de artistas vencellados coa cidade aos espazos abertos da Alcaldía de Vigo. Desta volta, é o turno do porriñés Leopoldo Varela, un dos artistas galegos máis sólidos e persoais, que plasmou en cores paisaxes vigueses tan características coma o Parque de Castrelos, O Vao, o Náutico ou o Berbés, entre outros.
mércores, 28 abr 2010
O alcalde de Vigo explicou hoxe que a recén creada oficina encargarase de desenvolver este planeamento no que se prevé a construcción de 6.000 vivendas de protección. Anunciou así que en breve se abrirán as listas, os prazos e se iniciará o proceso de edificación. A oficina tamén xestionará os planes de axudas a rehabilitación de vivendas do Goberno e sumará deste xeito novos servizos polo que encargarase da "tramitación e do exercicio de todos os ámbitos de vivenda do Concello"
martes, 27 abr 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofrecerá un almorzo o día 4 para dar a benvida aos ministros que se reunirán na cidade durante dous días para avanzar nas novas liñas que deberán rexir a Europa Azul. Será a primeira vez na historia de Vigo que os máximos responsables da pesca comunitaria reúnense na cidade.
martes, 27 abr 2010
En Vigo a recén inaugurada oficina sumará un novo servizo como é a canalización das axudas de rehabilitación de vivendas privadas. A Federación Española de Municipios e Provincias, na que participa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou co Ministerio de Vivenda que sexan os propios concellos os que leven adiante os proxectos de rehabilitación para particulares.
venres, 23 abr 2010
Abel Caballero viaxou o pasado mes de novembro de 2008 a Bos Aires, unha viaxe na que interesouse pola Asociación de Mutualistas residentes de Vigo en Bos Aires. Na entrevista, Dolores Cameselle informou ao alcalde das novidades da entidade vencelladas á entidade.
venres, 23 abr 2010
O alcalde e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, mantiveron este venres na Alcaldía unha reunión co Director da entidade, Francisco Otero; o Auxiliar psiquiátrico, Antón Bouzas; a enfermeira Mariló Fernández Besada e psicólogo clínico, Jorge Cabrera Riande. O CEDRO celebra este ano o seu 25 aniversario. <br />
venres, 23 abr 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación do proxecto de mellora dos xardíns da parroquia viguesa. A Xunta de Goberno Local deu luz verde á reforma, financiada con cargo o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, que incorporará novas xardineiras e zonas verdes, ademais do acondicionamento dos espazos peonís e rodados próximos ao cemiterio.