Escoitar

Caballero apoia a fórmula de futuro de Pescanova que preserve o emprego e a ubicación en Vigo

O alcalde de Vigo defendeu o futuro de Pescanova e abogou por un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo e que a sede siga a ser Vigo. Tamén se referiu á automoción, felicitándose porque a factoría de Vigo recibe un "especial" trato no conxunto de fábricas PSA-Citroën de todo o mundo.

martes, 15 abr 2014
1397563145alcalde2.jpg
Abel Caballero destacou a especial importancia que ten para Vigo e para toda Galicia o futuro de Pescanova, facendo fincapé la relevancia da conservación dos postos de traballo. A este respecto, avanzou o apoio do Concello ao proxecto de viabilidade que preserve o emprego e a localización da multinacional como un todo en Vigo. Durante unha comparencia cos medios, defendeu o futuro "viable" da empresa, reiterando a imortancia do emprego e a ubicación en Vigo.

Ao mesmo tempo, Caballero trasladou a súa satisfacción polo "especial" trato que a factoría viguesa está a recibir no conxunto de fábricas de PSA-Citroën de todo o mundo. Neste punto, garantiu o apoio do Concello coa xeración de emprego da factoría tal como se ven facendo nos últimos anos.
Descargar todas as imaxes