Escoitar

O Concello promociona a imaxe de Vigo en medios nacionais e especializados

O goberno local inviste 161.000 euros en promocionar a cidade cunha campaña turística en medios especializados e de tirada nacional, de cara a captar turistas en épocas vacacionais. O alcalde explicou que, xunto ás Illas Cíes, o Concello proxecta Vigo como destino gastronómico, cultural, urbano, activo, de natureza e de ocio nocturno.

martes, 15 abr 2014
O Concello publicita actualmente a imaxe turística de Vigo en medios nacionais, suplementos semanais e publicacións especializadas coa campaña Vive Vigo, na que o goberno local inviste 161.000 euros para a captación de turistas de cara a periodos vacacionais como a Semana Santa e o verán.

Caballero explicou que o Vive Vigo proxecta Vigo como cidade urbana e de ocio nocturno, da gastronomía, da natureza (singularmente coas Illas Cíes) e da cultura, e asegurou que "nunca se fixo unha campaña igual" na cidade olívica en canto a promoción turística.