Escoitar

O alcalde e os sindicatos amosan un "acordo absoluto" na defensa do partido xudicial vigués

Caballero continuou este martes os contactos para pulsar a opinión da cidade sobre o anteproxecto de lei do Poder Xudicial. UGT, CCOO e CIG rexeitan o texto e o alcalde anunciou que, ao remate das entrevistas, plantearase o "mecanismo concreto" a implementar para manter a autonomía xudicial da área viguesa.

martes, 15 abr 2014
1397562935sindicatos.JPG
Abel Caballero segue pulsando a opinión da cidade sobre o anteproxecto de Lei Orgánica de Poder Xudicial -que priva a Vigo do seu partido xudicial ao concentralo na capital da provincia- e este martes recabou o rexeitamento "expreso" das tres principais centrais sindicais ao texto. O alcalde avanzou que, cando remate a rolda de contactos, haberá unha nova reunión para establecer o "mecanismo concreto" no que plasmar esta defensa.

Tal e como ven deglosando nos últimos días, o planteamento vigués defende, en primeiro lugar, a retirada do anteproxecto de lei -pese a depositar nesta opción poucas esperanzas dada a maioría absoluta da que goza o PP no Parlamento de España- e, como segunda alternativa, que a provincia conte con dous tribunais de instancia, un para o norte con sede en Pontevedra e outro para o sur encabezado en Vigo.

De esixir o Ministerio unha única sede de referencia en cada provincia, ésta debe estar en Vigo, incluindo o "desdoblamento" do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que conte cunha sede en Vigo, ademáis de en A Coruña.
Descargar todas as imaxes