O alcalde anuncia o recorte nun 15% nas súas retribucións, e proporá o mesmo aos concelleiros municipais

xoves, 13 mai 2010

Abel Caballero asegurou hoxe xoves que recortará nun 15% as súas retribucións desde o momento de publicación do decreto do Goberno de España para reducir o déficit público. O alcalde avanzou que proporá aos corporativos con dedicación exclusiva no Concello a adopción desta medida "exemplarizante" dirixida ao aforro das entidades públicas, aínda que Caballero precisou que Vigo, dos grandes municipios españois, é "o Concello máis saneado de España en réxime común".

O alcalde asegura que os 10 millóns adxudicados para melloras crearán 100 empregos directos

mércores, 12 mai 2010

Abel Caballero anunciou hoxe mércores a adxudicación das humanizacións de López Mora, Pizarro, Pi y Margall, Dr Cadaval, Lugo e Perú, xunto con outras melloras, cun investimento de 10 millóns de euros. Estas obras darán traballo directo a 100 persoas e, cos indirectos, a unhas 350, apuntou o rexedor. O goberno tamén validou dúas escolas infantís e melloras na Alameda de Bembrive, en Santa Cristina, nos xardíns do Castro e no carril bici da Avenida de Castelao. Os traballos iniciaranse na primeira quincena de xuño.

Abel Caballero e Julio Fernández Gayoso asinan un convenio para fortalecer a estrutura social e económica da Eurorrexión

mércores, 12 mai 2010

O alcalde de Vigo -e presidente do Eixo Atlántico- e o presidente de Caixanova ratificaron hoxe mércores un convenio co obxectivo de apoiar aos 34 municipios do Eixo na formación de diretivos -a través da Escola de Negocios- e establecer e potenciar as relacións económicas, sociais e comercias entre Galicia e o norte de Portugal. O alcalde agradeceu á entidade o seu respaldo "determinante" para o desenvolvemento do territorio.

O alcalde anuncia a construción da rotonda do Segundo Centenario en Celso Emilio Ferreiro

martes, 11 mai 2010

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o goberno local adxudicou a humanización da rúa Celso Emilio Ferreiro e a construción dunha rotonda nesta rúa con Venezuela, para gañar en seguridade viaria. O alcalde desvelou que esta infraestrutura conmemorará o segundo centenario da cidade, e reunirase con artistas para definir o seu contido. Caballero asegurou que para o verán coñeceránse novas accións para festexar os 200 anos como cidade.

Abel Caballero participará no acto de presentación do Vigués Distinguido 2010 á Sociedade Helios de Bembrive

venres, 7 mai 2010

O alcalde asistirá ao acto, que terá lugar o vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:30 horas no que ofrecerase o galardón aos afiliados da SCDR Helios de Bembrive e aos colectivos veciñais que apoiaron a proposta. No evento serán homenaxeados os presidentes anteriores da Sociedade e actuarán os grupos Coral Polifónica Helios e a banda de gaitas Cans de Palleiro.

O alcalde asiste á retirada dos vestixios franquisas da Colexiata, "pechando feridas e desde a normalidade"

xoves, 6 mai 2010

Abel Caballero acudíu este xoves á Colexiata de Vigo para presenciar a retirada dos vestixios franquistas do templo, o último dos doce nos que actuou o Concello, en aplicación da Lei da Memoria Histórica, "pechando feridas e desde a normalidade", apuntou o alcalde, e con todas as "facilidades" por parte do anterior e do actual bispo, aos que agradeceu a súa actitude.

Abel Caballero mantivo unha charla cun centenar de alumnos do Instituto Castelao

xoves, 6 mai 2010

O alcalde e un centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bachillerato do Instituto de Educación Secundaria Castelao mantiveron na mañá desde xoves unha charla na que intercambiaron opinións sobre a marcha da cidade, as infraestruturas en marcha, o goberno municipal e a economía viguesa. No turno de preguntas debatíuse sobre o botellón, a crise e a educación, entre outros temas.