venres, 28 mai 2010
Abel Caballero visitou este venres o Instituto de Educación Secundaria de Teis, que celebra este 2010 o seu 25 aniversario como centro educativo. A dirección programou xunto co alumnado diversas actividades para a xornada de hoxe, entre as que destaca unha feira con postos de estética, perruquería e informática elaborados e xestionados polos propios escolares.
venres, 28 mai 2010
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres validou as adxudicacións definitivas de obras de humanización como Pizarro, López Mora e Pi y Margall, dúas novas escolas infantís en Casiano Martínez e Tomás Alonso e o acondicionamento do carril bici da Avenida de Castelao, entre outras melloras, cun investimento total de 10 millóns de euros.
xoves, 27 mai 2010
Abel Caballero visitou hoxe xoves estas novas dotacións que supuxeron diversas actuacións de mellora no entorno así como a creación dun parque infantil que contará con preto de 300 metros cadrados. Os novos espazos dan resposta as demandas de ocio dos veciños da zona, tanto para maiores coma para os pequenos.
luns, 24 mai 2010
Abel Caballero mantivo este luns unha reunión co Comandante de Marina, Rafael J. Ceñal, e o xefe de gabinete do Xefe do Estado Maior do Aire, Fernando Vila, e avanzou a estancia en Vigo o 17 e o 18 de xullo das tres embarcacións e a entrega da bandeira de combate ao Méndez Núñez. Esta parada, que permitirá visitar os barcos, é complementaria á celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo do 18 de xullo.
luns, 24 mai 2010
O alcalde explicou hoxe luns que o goberno local xa acometeu obras de asfaltado por valor de 2,9 millóns de euros en 350 rúas en prácticamente toda a cidade -sen contar as humanizacións-, ao tempo que anunciou a contratación dun servizo de aluguer de maquinaria ao efecto, para o que o Concello destina 850.000 euros. Vías e Obras poderá solicitar 41 unidades, que responderán no prazo máximo de 24 horas, para "prestar todavía máis atención a asfaltados e reparacións", asegurou Caballero.
venres, 21 mai 2010
A Ministra Elena Espinosa inaugura este venres o peirao de Punta Muxieiro, máis coñecido coma Rodas, unha actuación que forma parte das inversións do Plan E do Goberno e na que se tiveron en conta as características medioambientais e paisaxísticas da zona. A inversión superou os 970.000 euros e a actuación deu emprego a 16 persoas.
venres, 21 mai 2010
Abel Caballero visitou este venres os traballos de humanización da cuarta fase da humanización da Travesía de Vigo, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros e máis de 2 millóns de investimento. "Imos humanizar toda a Travesía de Vigo", aseverou o alcalde. Caballero anunciou ademais a mellora de Julián Estévez, o acondicionamento doutras tres rúas de Teis e a reforma das cinco praias do barrio.
xoves, 20 mai 2010
O rexedor socialista participou hoxe xoves nas Xornadas Europeas do Sector Naval, que se desenvolven en Vigo durante dous días, e mostrouse convencido de que a cidade continuará liderando a construcción naval en Europa. No marco das xornadas aprobouse a Declaración de Vigo na que a Federación Europea do Metal pide un programa de rescate para a construcción naval en Europa.
xoves, 20 mai 2010
Abel Caballero asinou hoxe xoves coa Asociación de Veciños de Teis un convenio para a xestión dos servizos que ofrece o Centro Cívico do barrio, propiedade do Concello e no que realízanse "un número notable de actuacións, por enriba das conveniadas". O Concello achega 55.000 euros para as actividades e a contratación dun traballador para o Centro, e o alcalde valorou este como "un sistema de descentralización que está a amosar eficacia".
mércores, 19 mai 2010
O alcalde cifrou nuns 9 millóns de euros os destinados polo goberno que preside a traballos de humanización en Coia, aos que suma os 7,7 do aparcamento soterrado en construcción. "Esta era a nosa débeda con Coia que comeza a quedar saldada", apuntou Caballero nunha visita á humanización de Vilagarcía, que estará concluída nuns 15 días, e leva un investimento municipal de 864.000 euros.