mércores, 22 out 2014
Abel Caballero e o responsable de Conxemar, José Luis Freire, fixeron hoxe unha "revisión conxunta" do resultado da XVI edición da feira que ven de pechar as súas portas. Durante o encontro, no que tamén participou o responsable do Ifevi, Arsenio Prieto, prantexouse a necesidade de ampliar o recinto feiral tal e como demanda a evolución de participantes e asistentes deste evento económico.
mércores, 22 out 2014
O alcalde de Vigo, que participou onte na cadea humana en protesta pola decisión da Xunta de Galicia de conceder a atención dos usuarios de San Franscisco a unha empresa privada ubicada en Mos, reiterou esta mañá o grave prexuizo que suporá para os usuarios do centro e os seus famliares este traslado.
martes, 21 out 2014
O alcalde de Vigo soliciotoulle por carta ao ministro de Xustiza que dote de dous novos maxistrados aos xuzgados de Vigo. Caballero amparou a súa peticion no informe emitido polo Consejo General do Poder Judicial no que se ratifica esta necesidade.
venres, 17 out 2014
Polo seu 50º aniversario, a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo organiza desde este venres unha serie de degustacións nos mercados do Calvario, Teis e Travesas, ademáis de na área metropolitana viguesa, servindo pratos elaborados con especies de captura. Durante as xornadas se entregarán a consumidores e vendedores material gráfico da campaña e distintas recetas.
xoves, 16 out 2014
O alcalde mantivo unha reunión este xoves con Nacho Armesto e Patricia Ibarra, organizadores do evento, tras a cal Caballero explicou que será un evento "importantísimo" sobre automatización industrial que exhibirá tecnoloxía implementada en Vigo. O Congreso terá lugar do 3 ao 7 de novembro no Auditorio do Centro Social Afundación.
xoves, 16 out 2014
Os profesionais que manteñen o progreso tecnolóxico e da automoción daránse cita durante dous días en Vigo participando no XIX Congreso de Calidade na Automoción. No Centro Social Afundación daranse cita hoxe e mañá venres os principais fabricantes do mundo.
xoves, 16 out 2014
O alcalde cualifica de "disparate" a posibilidade de trasladar aos usuarios do centro ocupacional de San Francisco. Así o trasladou hoxe xoves aos medios de comunicación logo de manter un encontro con responsables da asociación.
luns, 13 out 2014
O alcalde recibiu hoxe luns ás organizadoras dun congreso que prantexa o uso dos idiomas como factor de estudo e transmisor de coñecementos. O colectivo promotor, Asyras (Asociación de Novos investigadores en Estudios anglófonos), reunirá entre os próximos 4 e 6 de febreiro, estudantes de doutorado de todo o territorio español. Este encontro conta co respaldo da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo.
xoves, 9 out 2014
Abel Caballero convocará de xeito inmediato ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para tratar da remodelación integral de Balaídos. Na mesma rolda de prensa, avanzou que o acordo coa Deputación sobre este tema está a punto de pecharse.
mércores, 8 out 2014
Abel Caballero acudiu na mañá deste mércores ao IFEVI para visitar a principal feira do conxelado do mundo na súa segunda xornada, manifestando a súa satisfacción pola celebración dun evento con máis de medio millar de expositores procedentes de 40 países. O alcalde felicitou á organización polo seu traballo.