luns, 29 dec 2014
O Concello de Vigo cooperará con Érguete na organización do seu 30 aniversario que celebrará en 2015. O alcalde reitierou a "importante" labor desta Fundación na loita contra a droga e na rehabilitación de toxicómanos.
venres, 26 dec 2014
O alcalde indicou que con esta placa, localizada en Doctor Cadaval nº7, o Concello procura o "recoñecemento" da cidade ao pintor no lugar onde morou e no único estudo que tivo en Vigo, a cidade na que pasou os seus últimos dias. Caballero eloxiou a obra de Lugrís, sempre "moi relacionada co mar".
luns, 15 dec 2014
O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción porque a planta de Vigo fabrique os novos modelos k9 xa que supón a garantía de 30 anos de funcionamento ao nivel actual. En declaracións aos medios cualificou de crucial para esta decisión -o "mellor agasallo de Nadal que poido recibir a cidade"- que a factoría conte con 50.000 m2 cedidos polo Concello para a súa ampliación.
venres, 12 dec 2014
O alcalde participou este venres na inauguración da xornada técnica sobre Prevención de Riscos Laborais no sector pesqueiro, organizada por ARVI dentro dos actos do seu 50 aniversario. Caballero indicou que o Concello seguirá do lado da pesca para conseguir a "máxima seguridade no traballo" nesta actividade "da maior importancia", que xera "valor engadido e emprego".
xoves, 4 dec 2014
Nunha reunión na Alcaldía, a Confraría do Santísimo Cristo da Victoria agradeceu ao alcalde de Vigo o apoio municipal na celebración do pasado mes de agosto e acordaron "darlle todo o impulsa que necesita" un evento "tan importante" de cara á edición de 2015, segundo explicou Abel Caballero.
xoves, 4 dec 2014
O alcalde e os responsables da entidade mantiveron unha reunión este xoves para comezar a planificación dos actos de celebración do centenario da apertura da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada en Vigo, inaugurada en 1916 e aberta ao público no 2008 polo goberno local.
mércores, 3 dec 2014
Abel Caballero anunciou este mércores unha "fortísima protesta" ante o "escándalo" que supón que o Goberno de España elimine a subxerencia do Catastro de Vigo e centralice o servizo en Pontevedra. O rexedor denunciou a "arbitrariedade" da decisión e recordou que a propia Dirección Xeral do Catastro situou hai cinco anos á sede de Vigo entre as cinco primeiras de España en cumprimento de obxectivos.
venres, 28 nov 2014
O Goberno da cidade de Vigo quere mostrar a súa dor polo pasamento da axente da Policía Nacional, falecida hoxe nesta cidade. Este goberno quere enviar o seu pésame a súa familia e a todo o Corpo da Policía Nacional de España.<br />
<br />
O alcalde decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media asta, así como a suspensión do encendido das luces e o inicio das Festas de Nadal para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 19:00 horas na Porta do Sol.
venres, 28 nov 2014
Abel Caballero manifestou hoxe venres a súa preocupación porque, coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos perderán as súas competencias en materia social a partir de 2016. Así o dixo durante unha reunión preparatoria dun encontro luso-galaico sobre drogadiccións que se vai celebrar en Vigo o próximo mes de febreiro.
xoves, 27 nov 2014
O alcalde "recoñeceu" a presencia activa na cidade do subdelegado de Defensa en Pontevedra, Lorenzo Sánchez Enjamio. Así llo transmitiu Caballero durante unha visita que serviu de despedida oficial do coronel e que tivo lugar esta mañá na Alcaldía, tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa.