mércores, 4 feb 2015
Abel Caballero sumou hoxe ao "Concello e á cidade" á celebración do Día Contra o Cancro. Aproveitou a súa comparecencia cos medios para trasladarlle a Beatriz Figueroa "unha aperta moi forte para que saiba que estamos ao seu lado nesa tenaz batalla" que está a desenvolver en favor dos dereitos dos afectados por esta enfermidade.
luns, 2 feb 2015
Segundo o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), elaborado por unha organización internacional, Vigo é a cidade galega máis transparente, chegando á máxima puntuación en parámetros como transparencia económica e financeira ou urbanismo e obras públicas. Abel Caballero amosou este luns a súa "satisfacción" e avanzou que "seguiremos traballando para conseguir 100 sobre 100" puntos.
xoves, 29 xan 2015
Abel Caballero avanzou hoxe que Vigo aspira a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016. Na súa opinión, xa se cumplen os requisitos que establece a ONG, tal e como certificaron ao alcalde as responsables de Unicef coas que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
mércores, 28 xan 2015
O alcalde de Vigo trasladoulle hoxe o seu pesar á familia do artista Antonio Quesada, un "pintor inigualable e excepcional e un vigués inmenso". Destaou o legado cultural que deixa a Vigo, Galicia e España, engadindo que pasará á historia "pola súa capacidade pictórica e por ser un gran vigués".
mércores, 28 xan 2015
O Ministerio de Xustiza trasladou á Federación Española de Municipios e Provincias, da que Abel Caballero é vicepresidente, que os partidos xudiciais non serán finalmente modificados nin se suprmirán as audiencias provinciais, tal e como prevía o proxecto de lei do anterior ministro, Ruiz-Gallardón. O alcalde valorou que Vigo manteña a súa autonomía xudicial.
luns, 26 xan 2015
Vigo é a segunda cidade española que mellor paga aos seus proveedores, segundo datos do Ministerio de Facenda. Tal e como publica hoxe un diario económico nacional, Vigo ten o segundo prazo máis baixo de toda España, unha posición que mantería se se extrapolara a comparativa a todas as administracións públicas, incluídos gobernos autonómicos e deputacións. <br />
<br />
luns, 26 xan 2015
O Concello de Vigo ven de ser galardoado co Premio Galicia 2015 polo proxecto Plataforma Xestión Global Cidade Intelixente, recoñecendo o traballo municipal en modernización e innovación así como na mellora da eficiencia da administración local e na prestación de servizos á cidadanía. Abel Caballero indicou que o proxecto municipal distinguido foi presentado en novembro durante as Xornadas de Vigo Smart Cities&Communities.
venres, 23 xan 2015
Abel Cabellero achegouse esta mañá ao Museo MARCO para gozar da exposición sobre o artista vigués Francisco Mantecón que permacerá aberta ata o próximo 31 de maio. Baixo o título, Paixón e cálculo, a mostra céntrase nas series de pinturas da etapa de madurez do deseñador, condidentes coas décadas dos oitenta e os noventa. <br />
xoves, 22 xan 2015
O rexedor mantivo na tarde de onte mércores unha reunión con oito médicos dos servizos de análise do Xeral e do Meixoeiro, que insistiron na "gravidade" de carecer dun laboratorio central no futuro hospital de Beade, tras decidir a Xunta de Galicia integralo no Meixoeiro. Abel Caballero avoga polo "sentido común" para que o laboratorio central estea "ao lado dos enfermos" e non "a 5 quilómetros".
xoves, 22 xan 2015
Abel Cabellero amosou esta mañá a súa satisfacción pola senda de recuperación que está a experimentar o aeroporto de Vigo, que nestes momentos xa ten cubertas as conexións internacionais máis importantes con enlaces a Madrid, Barcelona, París e Londres, liñas ás que se suman todas as rutas transversais peninsulares. Así o explicou logo de asistir á presentación que Air Nostrum ofreceu ás axencias de viaxe dos vóos que opera a compañía desde Peinador.