O alcalde saúda a expansión empresarial de Frigalsa e a recuperación do edificio de Freiremar

venres, 10 abr 2015

Abel Caballero mantivo unha reunión con responsables de Frigalsa, que presentaron ao alcalde o proxecto de ampliación da súa empresa que suporá unha maior actividade pesqueira e a recuperación do edificio de Freiremar. Caballero salientou que é unha "boa nova" para a cidade tanto a expansión empresarial e a xeración de emprego que conleva como o uso do nomeado inmoble.

Concello e AGEINCO organizarán un evento profesional en Vigo a finais de ano

mércores, 8 abr 2015

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á nova diretiva da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO). Caballero salientou a "capacidade de xeración de emprego de calidade e valor engadido" deste sector e adiantou que ambas entidades colaborarán na organización a finais de ano dunha "gran reunión de profesionais" na cidade.

Caballero confía en asinar "en poucos días" o convenio coa Deputación para incorporarse á reforma de Balaídos

martes, 31 mar 2015

O alcalde de Vigo informou da remisión este martes da documentación técnica dos proxectos de obra de modernización do estadio de Balaídos, cara ao desenvolvemento dun convenio entre o Concello e a Diputación que incorpore ao ente provincial á reforma das bancadas de Río e Tribuna, xa iniciadas polo goberno local e o RC Celta, respectivamente. É unha "moi boa nova para esta cidade", subliñou Caballero.