luns, 22 xuñ 2015
No Museo do Mar, o alcalde quixo este luns apoiar coa súa presenza a viaxe organizada polo Cluster do Granito, que trae á cidade a responsables de importantes estudos de arquitectura e edificación británicos para coñecer fórmulas e técnicas de uso deste material, tanto nos edificios como nas humanizacións de rúas.
venres, 19 xuñ 2015
O alcalde achegouse esta mañá á Porta do Sol onde estará instalado durante unhas semanas o dinoseto. Así o dixo o rexedor quen reiterou que o destino definitivo do dinosaurio vexetal será o parque temático da auga que se vai construir en Navia.
venres, 19 xuñ 2015
Tras celebrarse este venres o padroado de ProVigo, o alcalde avanzou que a Fundación acordou celebrar este ano unha xornada sobre a presenza dos sectores económicos vigueses nas institucións galegas, españolas e europeas, unha segunda do complexo mar-pesca en Vigo e na súa área, outra sobre os sectores tecnolóxicos e unha última para o estudo de estratexias de relanzamento do naval.
xoves, 18 xuñ 2015
O alcalde trasladou hoxe xoves ao director e aos promotores do equipo Mapfre-Movistar o seu recoñecemento por promocionar no seu barco as Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Resaltou a importancia internacional desta promoción que ao Concello non lle supón coste económico algún.
xoves, 18 xuñ 2015
O alcalde mantivo este xoves unha reunión co presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, xunto ao seu xerente e director de Comunicación, tras a que Caballero indicou que a entrevista se mantivo nun "clima de cordialidade, entendemento e cooperación" e valorou o papel "globalmente satisfactorio" que realizan na cidade. <br />
luns, 15 xuñ 2015
Abel Caballero elixíu a Pérez Mariño para a súa primeira reunión como alcalde neste novo mandato, para render así un "homenaxe persoal e, de forma interposta, da cidade a unha persoa tan significada e que tan importante papel desempeñou e desempeña en Vigo". O alcalde eloxiou a figura de Pérez Mariño como profesional da avogacía, da maxistratura e da xudicatura, tamén como alcalde electo e na súa función social que exerce actualmente na cidade "de forma moi intensiva".
luns, 15 xuñ 2015
O alcalde de Vigo asinou este luns o decreto de composición das áreas do goberno que preside, con Carmela Silva como primeira tenente de alcalde e David Regades, segundo tenente de alcalde. Entre os novos edís, María Xosé Caride será responsable de Urbanismo, Jaime Aneiros levará Facenda e Uxía Blanco, Igualdade, Normalización e Xuventude.
venres, 12 xuñ 2015
O alcalde asinou esta mañá coa Asociación Novo Vigo un convenio de colaboración de 5.000 euros para cooperar cos gastos do aluguer do local social de Teixugueiras. Durante a reunión, o rexedor avanzou o próximo inicio das obras de construción do parque das enerxías renovables de Navia.
xoves, 28 mai 2015
Abel Caballero participou este mediodía na entrega de medallas de Anfaco Cecopesca en Vigo nun acto no que recoñeceu a traxectoria e a importancia deste organismo na cidade. Felicitou aos organizadores por "acertar" na designación dos homenaxeados deste ano, entre os que destacou, coa medalla de ouro, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina.
venres, 15 mai 2015
No transcurso dunha reunión coa dirección da Fundación, o alcalde certificou a cesión gratuíta dun local na rúa Palencia por 15 anos, para que leven adiante os seus proxectos artísticos para persoas con discapacidade intelectual. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou este venres un convenio de 15.000 euros de apoio á súa actividade. "Non hai en toda Galicia unha Fundación destas características e queremos estar ao seu lado", asegurou Abel Caballero.