Caballero restalta o "acerto" de Anfaco ao galardoar a persoas comprometidas co sector
Abel Caballero participou este mediodía na entrega de medallas de Anfaco Cecopesca en Vigo nun acto no que recoñeceu a traxectoria e a importancia deste organismo na cidade. Felicitou aos organizadores por "acertar" na designación dos homenaxeados deste ano, entre os que destacou, coa medalla de ouro, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina.
O alcalde de Vigo eloxiou o compromiso co sector dos homenaxeados este ano por Anfaco e resaltou o traballo da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, -que recibiu a condecoración de ouro- polo seu traballo na nova depuradora que se está a construir en Vigo. Tamén tivo parabéns para os condecorados coa medalla de prata, Ana Gago Martínez, directora do laboratorio de referencia de biotoxinas marinas da Unión Europea e Eugenio Buján, socio fundador e presidente de honra de Afamsa. Caballero felicitou aos organizadores por "acertar" na designación dos homenaxeados e así o recoñeceu durante o relatorio no que tamén destacou a importancia, a traxectoria e o esforzo dos responsables de Anfaco al longo dos anos. O alcalde foi o encargado de entregar a medalla de bronce á traballadora de Calvo Conservas Rosa García Zas.
Descargar todas as imaxes