venres, 29 mai 2015
O alcalde deu conta dos principais asuntos abordados na Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que salientou a aprobación do convenio para respaldar con 40.000 euros a celebración deste evento, que terá lugar no centro da cidade do 7 ao 9 de agosto. Abel Caballero avanzou que "O Marisquiño", un referente nacional e internacional de deportes de acción e cultura urbana, continuará en Vigo nos próximos anos.
venres, 29 mai 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, augurou unha "existosa" IV edición do Festival Primavera de Cine en Vigo que arranca o próximo 2 de xuño. Este ano dóbrase a cantidade de filmes exihibidos e, por primeira vez, inclúese unha mostra de películas lusófonas.
venres, 29 mai 2015
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, iníciase o proxecto de promoción deportiva "Achégate ao Deporte" para o período 2015-2016, relacionado coa iniciación deportiva, a través do proxecto para a promoción das escolas deportivas das entidades na cidade de Vigo, en colaboración coas entidades deportivas, clubs e federacións deportivas.
venres, 29 mai 2015
As persoas físicas ou xurdídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de 15 días ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e DNI ( achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación coa indicación do lugar (solicitado na oficina de información urbanística).Deberase acompañar anexo indicando as medidas de seguridade a adoptar.