Normas para as fogueiras da noite de San Xoan
As persoas físicas ou xurdídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de 15 días ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e DNI ( achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación coa indicación do lugar (solicitado na oficina de información urbanística).Deberase acompañar anexo indicando as medidas de seguridade a adoptar.