Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 29 mai 2015
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 31/05/2015 dende as 07:30 a 14:00 horas .

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Misturas Sa, estarán pechadas ao tráfico as rúas MORCEGO e prolongación de Faisán, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 02/06/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: San Roque e Reiseñor ou por Gregorio Espino, Madrid, Papuxa.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de reparacion de firme, a realizar pola empresa Oresa Sl , estará pechada ao tráfico a rúa PORTELA(entre Sagunto e Palencia) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 02/06/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Urzaíz e Jesús Fernández.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.