Escoitar

O Concello contará con 60 socorristas este verán para a vixilancia das praias de Vigo

O alcalde de Vigo deu conta este venres da aprobación do convenio coa Cruz Vermella para a prestación da asistencia de primeiros auxilios e transporte sanitario en dez praias da cidade, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O goberno local adica 156.000 a este servizo de socorrismo, que non sufriu ningún recorte nos últimos anos.

venres, 29 mai 2015
1432901097alcalde.jpg
O Concello de Vigo encarga á Cruz Vermella o salvamento e socorrismo nas praias, unha ambulancia propia e 60 socorristas en total que vixiarán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, dez areais vigueses: A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns).

O alcalde explicou que o socorrismo estará presente cada dia durante os meses de agosto e setembro e durante as fins de semana nos quince días finais de xuño e nos primeiros de setembro, salvo en Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras, onde haberá salvamento diariamente en horario de tarde. Cun importe de 156.000 euros, o servizo será o mesmo que en anos anteriores e contrataránse 60 socorristas, incluídos 25 acuáticos.

Tal e como destacou o rexedor, Vigo mantén as mesmas prestacións en vixiancia de praias que otros anos, mentres que noutras localidades están a recortar este servizo pola crise económica.

Xerencia de Urbanismo
Na rolda de prensa deste venres, Abel Caballero tamén informou dos asuntos tratados no consello da Xerencia municipal de Urbanismo. Deuse conta na sesión das comunicacións previas (unha declaración responsable ante a administración que permite iniciar obras ou actividades antes da inspección e eventual autorización) presentadas no mes de marzo, un total de 270 comunicacións, que supón un 12% máis que no mes anterior, dato que amosa que este sistema funciona "francamente ben", indicou o rexedor.

Por outro lado, Urbanismo deu conta da concesión de 14 licencias de obra e actividade para un investimento total de 1,3 millóns de euros. Caballero destacou o permiso outorgado a Lidl para realizar obras e cambio de uso da nave de Begano da Avenida de Madrid, que pasará a ser un supermercado.
Descargar todas as imaxes