Caballero di que a rúa Rosalía de Castro é o "modelo de cidade que queremos"
O alcalde achegouse esta mañá á rúa Rosalía de Castro onde reiterou que esa humanización representa "o modelo de cidade que queremos". Durante a visita avanzou que nos próximos meses vaise iniciar a remodelación de todas as rúas adxacentes.
Abel Caballero visitou hoxe mércores a rúa Rosalía de Castro -entre República Argentina e Canceleiro- onde explicou que esta humanización representa o "modelo de cidade que queremos". Referiuse á sostenibilidade e ao aspecto ecolóxico de renovar máis de 2 km de tuberías, saneamento ou á instalación de 120 novos puntos de luz led, cun aforro do 80% con respecto á iluminación tradicional. O rexedor indicou que tamén se ordeou o tráfico, aumentando as prazas de aparcamento.
En declaracións aos medios, avanzou que o goberno local vai seguir cun "pequeno" tramo que queda pendente, así como con todas as rúas adxacentes: Serafín Avendaño, Canceleiro, Heraclio Botana, Oporto, Roupeiro e República Argentina. Con repecto á rúa Pontevedra, anunciou que se vai realizar á remodelación sendo absolutamente escrupulosos cos vestixios arqueolóxicos que se atoparon.
Descargar todas as imaxes