mércores, 5 ago 2015
Tras a presentación do borrador dos orzamentos xerais do Estado para 2016, este mércores Abel Caballero valorou positivamente que as contas inclúan a conclusión da estación de Mayne, o AVE directo por Cerdedo e a humanización da Avenida de Madrid. Son os tres temas principais que planteou na súa reunion coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e, aínda que considerou discutibles as cantidades, salientou que os resultados electorais e a nomeada reunión causaron efecto.
martes, 4 ago 2015
O alcalde de Vigo mantivo este martes unha reunión coa presidenta do Real Club Náutico, entidade que está a obter unha mellora substancial no seu resultado económico, polo que Caballero eloxiou o "traballo excepcional" da máxima responsable do club. O rexedor apuntou que o Concello colaborará co Náutico nos seus proxectos, singularmente na proba de vela que organiza en outono e conta con "rango europeo e un enorme prestixio".
martes, 4 ago 2015
Os rexedores de Vigo e Valladolid cooperarán e porán en marcha proxectos comúns desde unha relación fluída que permita a cooperación entre dúas cidades con moitos elementos en común, segundo coincidiron ao transmitir aos medios o contido do encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. En resposta aos xornalistas, Óscar Puente Santiago ratificou a Caballero como un candidato idóneo a presidir a FEMP.
martes, 28 xul 2015
Segundo explicou Abel Caballero aos medios de comunicación ao remate da reunión, o xesuíta quixo agradecer coa súa visita a súa designación deste ano como Vigués Distinguido.
venres, 24 xul 2015
O alcalde fixo unha "extraordinaria valoración" do resultado da reunión que mantivo na mañá deste mércores na sede de Fomento coa súa titular, Ana Pastor. Caballero indicou que "había tres grandes cuestións e as tres se resolveron moi favorablemente para a cidade". A ministra comprometéuse a iniciar en 2017 as obras do AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo, a licitar en setembro ou outubro a parte comercial da estación de Urzáiz deseñada por Thom Mayne e a conveniar co Concello a humanización da Avenida de Madrid.
xoves, 16 xul 2015
Nunha reunión celebrada este xoves na Alcaldía, a aeroliña plantexou ao alcalde de Vigo unir Peinador co principal aeroporto londinense, o que significaría, en verbas de Caballero, ter unha "gran conectividade asegurada" a través de Iberia e de British Airways. O alcalde, quen avanzou que estudará a proposta, tamén explicou que Iberia Express reforzará o próximo ano a ruta Vigo-Madrid con catro frecuencias semanais máis.
xoves, 16 xul 2015
Abel Caballero avanzou esta mañá a iniciativa do goberno local de grabar cun dron a Procesión do Cristo da Vitoria, que este ano contará co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como pregoeiro. Así o acordou o rexedor cos organizadores do evento cos que mantivo un encontro esta mañá na Alcadía. <br />
mércores, 15 xul 2015
Abel Caballero indicou este mércores que o goberno que preside decantouse por Carmen Avendaño para a elaboración do bando por ser "unha das mulleres máis comprometidas co desenvolvemento das políticas sociais en España". O acto institucional será o 21 de xullo, ás 20h nos xardíns do Pazo de Castrelos, aberto a toda a cidadanía.
mércores, 15 xul 2015
O alcalde comprometéuse este mércores a buscar unha localización apta para expor ao público o microscopio de Antony van Leeuwenhoek -considerado o pai da microbioloxía e a parasitoloxía actual-, de 300 anos de antigüidade e propiedade do doutor Tomás Camacho, vigués posuidor dunha relevante colección de microscopios. Ata agora, oito destes instrumentos están en museos públicos e so un en mans privadas, vendido en poxa pública por case medio millón de dólares.
mércores, 15 xul 2015
No marco dunha visita ás instalacións de Asime, o alcalde comprometeuse a "convencer ao resto de administracións" de que "se ten que producir un cambio de actitude" e de que ten que haber "un apoio moito máis importante" á industria para que poida competir nun mercado europeo no que "as regras do xogo sexan as mesmas para todos".