O Concello contratará un dron para grabar desde o aire a Procesión do Cristo da Vitoria
Abel Caballero avanzou esta mañá a iniciativa do goberno local de grabar cun dron a Procesión do Cristo da Vitoria, que este ano contará co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como pregoeiro. Así o acordou o rexedor cos organizadores do evento cos que mantivo un encontro esta mañá na Alcadía. <br />
O alcalde e os organizadores da procesión do Cristo da Vitoria mantiveron esta mañá un encontro para revisar á organización deste multitudinario evento que este ano contará co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como pregoeiro. Ademais da tradicional pantalla, unha das novidades deste ano será, segundo avanzou o rexedor, que un dron gravará a comitiva o que permitirá unha visualización da mesma desde o aire.
Continuando con gravacións, Caballero deu conta esta mañá da decisión de abrir unha sección na web municipal na que os cidadáns poderán aportar suxerencias para "bautizar" á gaivota que gravou cunha gopro unhas impresionantes vistas das Illas Cíes. O alcalde avanzou a súa intención de establecer contactos cos donos da cámara -uns turistas alemáns- para poder incluir esta filmación dentro da campaña de promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. "E a primeira vez que unha gaivota coopera nun programa que defende unha candidatura da Unesco", bromeou Caballero.
Descargar todas as imaxes