Escoitar

Caballero anuncia unha aumento "importante" das subvencións aos clubs e ao deporte de base

Así o avanzou no acto de inauguración do campo federativo de fútbol de Coia, remodelado integralmente. O alcalde apuntou que este mesmo mércores abordou co edil de Facenda unha "reforma urxente para aumentar de forma importante, xa este mesmo ano, os recursos" para os clubs e o deporte de base vigués. Segundo explicou Caballero, en dous meses podería estar dispoñible a nova dotación orzamentaria.

mércores, 15 xul 2015
1436974420P7160720.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores no acto de inauguración tras a remodelación integral acometida no campo federativo de fútbol de Coia, que pasa a ter 102x64 metros de superficie, e onde se investíu un millón e medio de euros para distintas actuacións, como o reforzamento do muro exterior, a construción de novos vestiarios, a reforma da bancada e o novo céspede de herba artificial. O Concello de Vigo encárgase de abonar os custes de luz e auga derivados do uso do campo.

Durante a súa intervención, Caballero anunciou o incremento do apoio económico do Concello de Vigo aos clubs e ao deporte de base da cidade, unha nova partida orzamentaria para este mesmo ano que podería estar dispoñible no prazo de dous meses. Sobre o campo de fútbol de Coia, o alcalde indicou que a súa remodelación era unha "gran demanda na cidade" e agradeu tanto á Deputación como a Federación Española de Fútbol que o fixeran posible.
Descargar todas as imaxes