O alcalde recoñece a débeda da cidade con Conxemar e comprométese a seguir pedindo a súa ampliación

luns, 5 out 2015

Abel Caballero asistiu na mañá deste luns á apertura da XVII Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados no Recinto Feiral de Vigo, onde destacou a importancia de que a cidade acolla eventos desta magnitude. Apuntou a relevancia de Conxemar no sector poque, dixo, "é aquí onde se fixan os prezos da pesca conxelada do mundo" e reafirmouse na súa intención de seguir demandando á Xunta de Galicia que aumente o espazo dispoñible do recinto para dar cabida a máis expositores, tal e como demanda a organización.

O rexedor pon en valor o traballo da Policía Nacional en Vigo

venres, 2 out 2015

A Policía Nacional celebra este venres 2 de outubro o día do seu patrón, os Santos Anxos Custodios, cun acto que se desenvolveu na Comisaría de López Mora e que contou coa presenza de Abel Caballero, quen quixo transmitirlles "todo o meu apoio, solidariedade e afecto polo traballo excepcional que están facendo na cidade. Vigo é unha cidade segura e o labor policial merece o recoñecemento da cidadanía". <br />

Teresa Ribera eloxia o modelo de cidade medioambiental de Vigo

martes, 29 set 2015

Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste martes con Teresa Ribera, quen fora secretaria de Estado de Cambio Climático, e persoa moi implicada na decisión de facer a nova depuradora de Vigo. No encontro, a directora do Instituto de Desenvolvemento Sostible e as Relacións Internacionais destacou que o modelo de cidade medioambientalmente desenvolvida implantado polo goberno local "está tratando de copiarse noutros lugares fóra de España".

O Concello súmase á campaña "No Alzheimer ti es unha peza importante"

mércores, 23 set 2015

Abel Caballero reuniuse este mércores con Juan Carlos Rodríguez, presidente en Vigo de Afaga, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, e comprometeu a colaboración do Concello coa campaña "No Alzheimer ti es unha peza importante", que quere apoiar o traballo que realizan os familiares dos enfermos e implicar a toda a sociedade con esta enfermidade. <br />

O alcalde non descarta ampliar as frecuencias da conexión con Londres

mércores, 23 set 2015

Abel Caballero trasladou esta mañá a importancia de ampliar a conexión con Londres dado o éxito da operatividade do actual voo de Air Nostrum á terminal de Luton. Así o afirmou este mércores logo de presentar os novos destinos que esta compañía operará desde Vigo en 2016: Alacante, Bruxelas, Menorca e Roma.