venres, 10 xul 2015
Tras a reunión celebrada este venres, o alcalde explicou que o goberno local colaborará nos proxectos de intercambio de mozos e mozas que realizan as distintas sedes europeas do Rotary Club, de tal forma que tamén a xente de Vigo poida viaxar fora e aprender o idioma, indicou Caballero.
venres, 10 xul 2015
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá a súa confianza en que a "relación coa nova directiva do Colexio de Avogados sexa tan boa como fo coa anterior". Así o dixo en rolda de prensa logo de manter un encontro na Alcaldía no que repasaron a situación do plan para a Cidade da Xustiza e se congratularon de manter o partido xudicial, sendo quen de cambiar "un proxecto de lei dun goberno que ten maioría absoluta", subliñou o rexedor.
venres, 10 xul 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá os temas que lle vai plantexar á responsable de Fomento, Ana Pastor, no encontro que van manter no Ministerio o mércores 22 de xullo. O AVE, a estación ou a avenida de Madrid serán algúns dos asuntos que abordarán neste encontro.
martes, 7 xul 2015
O alcalde analizou esta mañá coa nova xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia a nova situación política de Vigo e o papel que ten que xogar a cidade nunha Galicia que tamén é distinta. Así llo transmitiu durante un encontro no que o rexedor avogou pola colaboración entre goberno local, empresarios e axentes sociais para seguir na senda da recuperación económica.
venres, 3 xul 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio de 15.000 euros coa responsable da Rede de Mulleres contra os malos tratos. Esta achega súmase a outros acordos que se asinaron recentemente e que elevan o apoio municipal a este colectivo a preto de 60.000 euros.
mércores, 1 xul 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa que utiliza os espazos da Alcaldía para expor a obra de diferentes artistas. "Interpretadas realidades" é o nome desta nova proposta cultural, que aúna a visión fotográfica de dous creadores vigueses: Andressolo e Rubén Chase.
martes, 30 xuñ 2015
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá o respaldo do goberno local á manifestación convocada polos traballadores sanitarios o próximo 3 de setembro. Logo de manter un encontro coa xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, Caballero invitou a todos os alcaldes da área metropolitana a apoiar esta marcha.
venres, 26 xuñ 2015
O alcalde de Vigo intercambiou esta mañá impresións sobre a situación da cidade e da súa economía durante o encontro que mantivo co vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet. Ambos coincidiron ao destacar a "importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo".
mércores, 24 xuñ 2015
A noite de San Xoán transcurriu con "absoluta normalidade" e unha "enorme afluencia" de público, tal e como explicou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Os servizos de limpeza comezaron a traballar hoxe mércores ás 06,00 da mañá e prosegurán todo o resto da xornada.
martes, 23 xuñ 2015
O alcalde de Vigo participou este martes, no Pazo Os Escudos, na inauguración do I Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, onde salientou as posibilidades que ofrece este sector para a industria viguesa e reivindicou o apoio das institucións públicas a un ámbito tan vencellado á Universidade e á I+D+i como este.