Escoitar

Caballero e Escotet comparten a "importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo"

O alcalde de Vigo intercambiou esta mañá impresións sobre a situación da cidade e da súa economía durante o encontro que mantivo co vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet. Ambos coincidiron ao destacar a "importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo".

venres, 26 xuñ 2015
1435335430escotet.JPG
O rexedor recibiu esta mañá ao vicepresidente de Abanca, con quen intercambiou impresións sobre a situación económica da cidade e sobre a marcha desta entidade financeira. Tal e como explicou o rexedor, en posterior rolda de prensa, coincidiron ao resaltar a "importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo", de xeito que ocupe o espazo que "tradicionalmente tiña Caixanova". Caballero e Escotet tamén compartiron a sensación de que se está a iniciar unha reanimación da economía da cidade aínda que algúns sectores estratéxicos, como o naval, permanezan na "atonía". Tal e como transmitiu aos medios, o responsable financeiro explicou que Abanba estase a expander en Vigo máis que en ningún outro territorio.
Descargar todas as imaxes