luns, 22 xuñ 2015
No Museo do Mar, o alcalde quixo este luns apoiar coa súa presenza a viaxe organizada polo Cluster do Granito, que trae á cidade a responsables de importantes estudos de arquitectura e edificación británicos para coñecer fórmulas e técnicas de uso deste material, tanto nos edificios como nas humanizacións de rúas.
luns, 22 xuñ 2015
Caballero indicou que a experiencia piloto levada adiante en xuño en 13 colexios "deu moi bo resultado", polo que os plans de tráfico específicos se incorporarán ao resto de centros públicos e concertados de Vigo ao longo de setembro, de forma progresiva, para garantir a presenza de efectivos policiais de apoio durante os primeiros días.
luns, 22 xuñ 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística prepara un ano máis unha saída guiada e charla sobre as herbas que compoñen o cacho, as súas propiedades, características, particularidades...Será o martes 23 a partir das 19.30 h na parroquia de Valadares, concretamente con saída e chegada ao seu centro cultural e veciñal.<br />
<br />
<br />
luns, 22 xuñ 2015
A Escola Municipal de Teatro,realiza no mes de xullo de 2015 tres Obradoiros de: DANZA PARA ACTORES, INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA e TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO,nas instalacións da EMT, avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición finalizará o 23 de xuño.