Escoitar

Caballero resalta a "enorme afluencia" de público e a ausencia de incidentes na noite de San Xoán

A noite de San Xoán transcurriu con "absoluta normalidade" e unha "enorme afluencia" de público, tal e como explicou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Os servizos de limpeza comezaron a traballar hoxe mércores ás 06,00 da mañá e prosegurán todo o resto da xornada.

mércores, 24 xuñ 2015
1435150936alcalde.jpg
O rexedor destacou esta mañá a "absoluta tranquilidade" coa que se desenvolveu a noite de San Xoán en Vigo, cunha "enorme afluencia" público en todas as fogueiras distribuidas pola cidade. Tal e como detallou en rolda de prensa, contouse cun "importante" dispositivo de seguridade xa que actuaron 58 efectivos, 23 axentes de Bombeiros, 4 vehículos de Protección Civil e 22 voluntarios. A partir das 5 da mañá, os bombeiros -como é habitual- procederon a extinguir todos os lumes por motivos de seguridade.

No tocante á limpeza, o servizo comezou ás 06,00 h e prolongaráse ao longo de toda a xornada. O dispositivo está formado por 60 efectivos e 22 vehículos. Os resíduos xestionaránse en Toysal ou Sogama, dependendo da tipoloxía dos mesmos. Concretamente, explicou que nos arenais recolléronse 34.320 quilos de cinzas, e na pira do Berbés, 5,4 toneladas de resíduos.
Descargar todas as imaxes