Escoitar

Caballero ve no sector aeronáutico e espacial unha "posibilidade real" de abrir "unha nova perspectiva na industria de Vigo"

O alcalde de Vigo participou este martes, no Pazo Os Escudos, na inauguración do I Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, onde salientou as posibilidades que ofrece este sector para a industria viguesa e reivindicou o apoio das institucións públicas a un ámbito tan vencellado á Universidade e á I+D+i como este.

martes, 23 xuñ 2015
1435060406congreso.JPG
Abel Caballero eloxiou o evento organizado polo Consorcio Aeronáutico Galego, unha experiencia de nova industria e nova tecnoloxía "certamente excepcional". O alcalde considera que a auronáutica ofrece unha "posibilidade real" de abrir "unha nova perspectiva na industria de Vigo", polo que comprometeu o respaldo do Concello e reclamou un cambio na política industrial para ofrecer "apoio decidido desde o ámbito público".

Segundo explicouse no acto de apertura, o obxectivo no sector pasa por acadar 3.000 empregos directos en Galicia no 2017 e estimóuse necesario renovar a actual flota con 12.000 novos avións. O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) está formado por 60 empresas e organizacións que neste momento xeran 1.550 empregos. Entre os estados europeos, España ocupa o quinto lugar en facturación.
Descargar todas as imaxes