Escoitar

Caballero apoia a manifestación convocada polos profesionais sanitarios o próximo 3 de setembro

O alcalde de Vigo trasladou esta mañá o respaldo do goberno local á manifestación convocada polos traballadores sanitarios o próximo 3 de setembro. Logo de manter un encontro coa xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, Caballero invitou a todos os alcaldes da área metropolitana a apoiar esta marcha.

martes, 30 xuñ 2015
1435677428sanidad.JPG
Abel Caballero reiterou esta mañá o seu compromiso coa defensa da saúde dos vigueses, sumándose á convocatoria de manifestación que os traballadores sanitarios organizarán o próximo 3 de setembro. Na mesma liña, o alcalde instou a todos os alcaldes da área a sumarse a esta marcha porque "temos que apioar aos nosos cidadáns e a súa calidade asistencial". Caballero, quen mantivo esta mañá un encontro coa xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, reuniuse onte con profesionais do laboratorio cos que tamén coincidiu á hora de reclamar a presencia dun CORE no Álvaro Cunqueiro. Cualificou de "neglixente" a decisión de "Feijóo de abrir en Vigo un hospital privado, coa metade das camas das previstas e sen laboratorio de referencia".
Descargar todas as imaxes