Amoriños contei!
O mércores a partir das 20.00 h na praza da Independencia terá lugar a primeira actividade de Normalización Lingüística do programa "No verán... un conto", dirixida a público familiar.
Amoriños contei! é unha serie de contos de fontes diferentes no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo. Pero non falamos só do amor entre as e os namorados, senón o amor entre as amizades, o amor a un fillo e/ou filla, o amor a unhas zapatillas vellas, o amor as cousas... en fin, amores agochados en cada un destes contos, amores esquecidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores, mollados... amoriños contados.
Contador: Esteban Acuña (Tarabelos)
Descargar todas as imaxes
Contador: Esteban Acuña (Tarabelos)