Caballero apoia a manifestación convocada polos profesionais sanitarios o próximo 3 de setembro
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá o respaldo do goberno local á manifestación convocada polos traballadores sanitarios o próximo 3 de setembro. Logo de manter un encontro coa xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, Caballero invitou a todos os alcaldes da área metropolitana a apoiar esta marcha.