O Concello achega 15.000 euros á Fundación Igualarte e cédelles un local por 15 anos
No transcurso dunha reunión coa dirección da Fundación, o alcalde certificou a cesión gratuíta dun local na rúa Palencia por 15 anos, para que leven adiante os seus proxectos artísticos para persoas con discapacidade intelectual. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou este venres un convenio de 15.000 euros de apoio á súa actividade. "Non hai en toda Galicia unha Fundación destas características e queremos estar ao seu lado", asegurou Abel Caballero.