Escoitar

Expertos de toda España participan nunhas xornadas en defensa do laboratorio no novo hospital

O Concello coopera na organización dunhas xornadas profesionais de defensa do laboratorio no novo hospital de Vigo que se está a contruir en Beade. O Auditorio Municipal acolle esta tarde un congreso científico con expertos dos máis prestixiosos hospitais de toda España.

mércores, 8 abr 2015
O alcalde amosou a súa satisfacción porque o Auditorio Municipal acolla hoxe mércores unha discusión científica técnica sobre se un hospital pode ofertar calidade asistencial sen contar cun laboratorio clínico nas propias instalacións. Así o debatirán esta tarde expertos dos máis prestixiosos hospitais de toda España nun congreso científico técnico organizado por profesionais do Chuvi, con apoio municipal. Estas xornadas teñen por obxectivo subliñar a necesidade de que o novo hospital que se está a construír en Beade conte cun laboratorio clínico.