Vigo recupera a ruta aérea con Londres cunha ocupación superior ao 80%
Abel Caballero amosou a súa satisfacción porque Vigo retome a súa conexión aérea con Londres. En rolda de prensa, explicou que esta nova ruta, con destiño á terminal de Luton, arrancou o luns cunha ocupación do 85%, avanzando que o voo da proxima semana está completo.
Caballero felicitouse polo éxito do primeiro voo da nova ruta Vigo-Londres (aeroporto de Luton), operada por Air Nostrum, que o luns realizou a súa primeira viaxe cunha ocupación do 85% e xa están vendidos todos os billetes para a próxima semana. En rolda de prensa, o rexedor explicou que esta Semana Santa xa operan, ademais da conexión con Londres ao aeroporto de Luton -moi ben comunicado, precisou-, a de Gran Canaria, en verán sumaránse Sevilla e Málaga, mentres que o próximo ano sumaránse Bruxelas, Roma, Alicante e Menorca.
Caballero lembrou a vocación de Volotea por incrementar a súa presenza no aeroporto de Vigo, así como o avanzado estado das conversas con Ryanair, tamén interesada en operar en Vigo. En total, explicou o rexedor, a terminal de Vigo conta cos seguintes destiños: Valencia, Ibiza, Palma de Mallorca, Madrid, Barcelona, París, Bilbao, Gran Canaria, Sevilla, Londres, Málaga, Bruxelas, Roma, Alicante, Menorca e Tenerife.