Escoitar

Caballero alerta do "risco gravísimo" de carecer dun laboratorio central no novo hospital

O rexedor mantivo na tarde de onte mércores unha reunión con oito médicos dos servizos de análise do Xeral e do Meixoeiro, que insistiron na "gravidade" de carecer dun laboratorio central no futuro hospital de Beade, tras decidir a Xunta de Galicia integralo no Meixoeiro. Abel Caballero avoga polo "sentido común" para que o laboratorio central estea "ao lado dos enfermos" e non "a 5 quilómetros".

xoves, 22 xan 2015
1421931186laboratorio.JPG
O alcalde sumóuse á denuncia dos facultativos, que reiteraron a "gravidade" de que o futuro hospital de Beade-Valladares careza de laboratorio central, despois de que a Xunta de Galicia decidira situalo no Meixoeiro. Segundo trasladou hoxe Caballero, trátase dun "inmenso retroceso na calidade asistencial", de someter "á poboación de Vigo a un risco gravísimo" que "significará a vida de moitas persoas" pola decisión do goberno autonómico de "aforrarlle custes á empresa".

Os médicos alertaron ademais, e así o indicou hoxe Caballero, que as mostras se deterioran nos traslados e o rexedor, quen recordou que os principais hospitais do resto das cidades galegas contan cun laboratorio, apelou ao "sentido común" de que este servizo estea "ao lado dos enfermos" e non "a cinco quilómetros" de distancia.
Descargar todas as imaxes