Escoitar

O Concello lanza unha campaña didáctica de reciclaxe para 3.600 escolares de Primaria

O goberno local promove o fomento da reciclaxe entre 3.595 alumnos de 2º a 4º de Primaria cunha unidade móbil que percorre os 43 colexios públicos de Vigo desde o pasado 14 de xaneiro e ata mediados de marzo. A campaña forma aos máis pequenos nas nocións básicas da reciclaxe mediante un videoxogo didáctico.

mércores, 21 xan 2015
1421844620cole.JPG
O alcalde visitou este mércores o CEIP Chans de Bembrive, onde estaba localizada a unidade móbil desta campaña, que procura "concienciar" aos nenos e nenas da "importancia da reciclaxe". O vehículo percorre os 43 colexios públicos de Vigo cunha pantalla na que os rapaces poderán amosar os seus coñecementos de reciclaxe mediante un videoxogo, despois de recibir unhas nocións básicas.

Abel Caballero, durante a súa intervención ante os medios de comunicación, asegurou que "en Vigo a cultura da reciclaxe calou e funciona" e, con iniciativas como ésta, o Concello procura "manter a conciencia colectiva en torno á importancia da reciclaxe".
Descargar todas as imaxes