O goberno local adicou 1,3 millóns de euros á remodelación do Parque de Bombeiros de Teis
O alcalde revisou esta mañá as obras de remodelación "absoluta" do Parque de Bombeiros de Teis que rematarán no mes de febreiro. Cun orzamento de 1,3 millóns o goberno local acometeu traballos de mellora moi necesarios nunha instalación que levaba sen obras desde a súa inauguración, en setembro de 1987.
Abel Caballero visitou hoxe martes as remodeladas instalacións do Parque de Bombeiros de Teis que estarán funcionando a pleno rendemento no mes de febreiro. Cun orzamento de 1,3 millóns de euros, a reforma mellora e mobilidade do parque xa que cada vehículo ten a súa propia saída, ademais de contar cun espazo de habitabilidade integrado para facilitar a comunicación. Tal e como poido comprobar o rexedor, a zona de habitacións, de oficiñas e do ximnasio ten sido totalmente remodelada, e nestes momentos estase a acometer a demolición da fachada da cocheras para a construcción de múltiples saídas de xeito que case poidan saír varios vehículos de xeito simultáneo. En declaracións aos medios, Caballero eloxiou o resultado dos traballos e lembrou que desde a súa inauguración, en setembro de 1987, non se fixera obra de mellora algunha nesta dotación municipal polo que presentaba importantes deficiencias.
Este edificio, engadiu o rexedor, é o primeiro de toda Galicia en funcionar con enexía xeotérmica, ademais de contar con placas solares o que supón un "importante" aforro enerxético. Ao mesmo tempo, dixo, renovouse todo o mobiliario e o equipamento do xinmasio, algo que tamén se está a realizar no Parque de Bombeiros de Balaídos, dado que manterse en forma é fundamental para estes profesionais. Con ese obxectivo, engadiu que na terraza do edificio anexo haberá unha pista de pádel.
Descargar todas as imaxes