O goberno local adicou 1,3 millóns de euros á remodelación do Parque de Bombeiros de Teis
O alcalde revisou esta mañá as obras de remodelación "absoluta" do Parque de Bombeiros de Teis que rematarán no mes de febreiro. Cun orzamento de 1,3 millóns o goberno local acometeu traballos de mellora moi necesarios nunha instalación que levaba sen obras desde a súa inauguración, en setembro de 1987.