O Concello promocionará as Illas Cíes como destino turístico en Fitur o próximo 30 de xaneiro
O alcalde avanzou hoxe luns que viaxará a Fitur a próxima semana para promocionar as Illas Cíes como destino turístico, nunha campaña ligada á cidade de Vigo. Esta promoción continuará o 20 de febreiro cun espectáculo musical no Auditorio Mar de Vigo.
O alcalde de Vigo viaxará a semana que vén a Fitur para presentar unha campaña de promoción das Illas Cíes como destiño turístico, ligada á cidade de Vigo. Tal e como explicou en declaracións aos medios, o próximo venres 30 de xaneiro membros do goberno local, encabezados polo rexedor, promocionarán Vigo acompañados dunha representación de axentes sociais como axencias de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación. Segundo detallou, exhibirase un video, ademais de repartir folletos sobre o arquipélago, o segundo destino turítico máis importante de Galicia e un dos mellores a nivel de todo o país, engadiu.
Esta promoción continuará, segundo explicou, cun espectáculo musical previsto o 20 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo no que actuarán a Coral Casablanca, a Orquesta 430 e Sonseseu.
Esta promoción continuará, segundo explicou, cun espectáculo musical previsto o 20 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo no que actuarán a Coral Casablanca, a Orquesta 430 e Sonseseu.