Escoitar

O alcalde denuncia unha "carencia estrutural de persoal" nas urxencias e na sanidade viguesa

Tras unha reunión con médicos de urxencias do Meixoeiro, Abel Caballero indicou que a situación é "caótica e catastrófica" (con esperas nos pasillos de ata 9 horas), segundo afirman os propios facultativos, que están "preocupadísimos" pola "desatención da Xunta de Galicia". O rexedor reclama "con toda contundencia" que "Feijóo atenda ás urxencias e á sanidade desta cidade" e anuncia unha comparecencia do colectivo no próximo Pleno.

venres, 16 xan 2015
1421425250meixoeiro.JPG
Ante os medios de comunicación, Abel Caballero trasladou o resultado dunha reunión cun grupo de médicos de urxencias do Hospital Meixoeiro, que denuncian que o nomeado servizo están "nunha situación caótica e catastrófica" e, en defensa da atención á cidadanía, amosáronse "preocupadísimos porque cren que está en risco a vida de persoas desta cidade pola desatención da Xunta de Galicia ás urxencias", tanto do Meixoeiro como do Xeral, tal e como afirmou o alcalde, quen denunciou unha "situación dramática" que ten que ver cunha "carencia estrutural de persoal en urxencias".

Tras a reunión, o rexedor aseverou que existe un "repunte establemente importante" en niveis amarillos e de máis gravidade, que deben ser atendidos nun máximo dunha hora e estanse a atender en ata catro horas, con enfermos que poden estar sete ou nove horas nunha camilla nos pasillos, un "panorama habitual", denunciou.

Aseguran que, "con moito, Vigo é a peor dotada en urxencias de toda Galicia", citou Caballero, unha "desatención estrutural da Xunta de Galicia ás urxencias desta cidade e está en risco a vida das persoas". Denunciou o primeiro edil que o SERGAS adopta "represalias" contra os médicos que defenden aos seus pacientes e trasladan un "rexeitamento categórico" as súas demandas.

Concluiu o alcalde de Vigo cunha "denuncia con toda a contundencia para que Feijóo atenda ás urxencias e á sanidade desta cidade", tras o que anunciou unha comparecencia do colectivo na próxima sesión plenaria e o sometemento a votación entre os corporativos dunha resolución institucional.
Descargar todas as imaxes