Escoitar

Mario Vaquerizo será o pregoeiro das festas do Entroido 2015 e actuará con Nancys Rubias

O cantante, escritor, periodista e actor Mario Vaquerizo será o encargado de dar comezo as festas do Entroido 2015 na cidade de Vigo o próximo venres 13 de febreiro. Tal e como explicou o rexedor, este polifacético artista pronunciará o pregón ás 20,15 horas na Porta do Sol e, a continuación, actuará co seu grupo Nancys Rubias.

xoves, 15 xan 2015
As 20,15 horas do próximo 13 de febreiro Mario Vaquerizo actuará na Porta do Sol como pregoeiro do Entroido 2015 e a continuación sairá ao mesmo escenario co seu grupo Nancys Rubias. O rexedor, quen esta mañá presentou un avance da programación do Entroido, anunciou asimesmo que o sábado 14 chegará á Porta do Sol Kiko Veneno, ao que seguirá no escenario a Orquesta París de Noia.

En verbas de Caballero, obxectivo desta programación, que contará con moitas máis accións e actuacións que se presentarán máis adiante, é mobilizar á cidadanía para que gocen das festas, así como fomentar unha maior actividade comercial e hostaleira, tal e como aconteceu no Nadal. A este respecto, o alcalde apuntou que a Federación Provincial de Comercio fixo "unha distinción especial ao Concello de Vigo polas festas do Nadal e queremos seguir na mesma liña".