O Concello adica preto de 2,5 millóns á expropiación dos terros para a Cidade da Xustiza
Abel Caballero avanzou esta mañá o Concello dispón xa de 2,5 millóns para expropiar os terreos nos que se vai construír a Cidade da Xustiza. Así o explicou esta mañá, logo de que na Xerencia de Urbanismo se adxudicaran outros dous pisos máis de República Arxentina, por un importe de 339.000 euros.
O goberno local conta con preto de 2,5 millóns de euros para expropiar os terreos que porá a disposición da Xunta de Galicia para construír a Cidade da Xustiza. Tal e como explicou o rexedor en declaracións aos medios, a Xerencia de Urbanismo adxudicou esta mañá dúas novas vivendas en República Argentina por importe de 339.000 euros, que se suman ás 12 que se adxudicaran no anterior proceso de poxa pública. Neste momento, o ingreso acumulado é de preto de 2,5 millóns de euros, cantidade suficiente para facer fronte ás expropiacións, tal e como explicou o rexedor.
En total, engadiu, tendo en conta os terreos que xa eran municipais máis os que se van expropiar, a achega do Concello para a construcción da Cidade da Xustiza é de 5 millóns de euros, mentres que a Xunta non conta con partida algunha para esta dotación xudicial, dixo o rexedor.