Vigo é o concello máis transparente de Galicia cunha puntuación de 95 sobre 100
Segundo o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), elaborado por unha organización internacional, Vigo é a cidade galega máis transparente, chegando á máxima puntuación en parámetros como transparencia económica e financeira ou urbanismo e obras públicas. Abel Caballero amosou este luns a súa "satisfacción" e avanzou que "seguiremos traballando para conseguir 100 sobre 100" puntos.
Vigo é o concello galego máis transparente na súa xestión, segundo a organización Transparencia Internacional España, que vén de analizar o nivel de transparencia de 110 concellos do país, tal e como revelou esta mañá o rexedor.
Vigo obtivo 100 puntos -a máxima cualificación- en epígrafes como economía e facenda, urbanismo e obras públicas ou indicadores de transparencia. Cunha puntuación media de 95 puntos, a cidade olívica está por riba doutras grandes cidades como Madrid (92,10 puntos), Valladolid (88,8) ou Valencia (81,3); ademais de ser a mellor posicionada de Galicia. A Coruña obtivo 83,8 puntos; Santiago, 66,3; Ourense, 90; Pontevedra, 43,8; Lugo, 72,5 e, finalmente, Ferrol, 71,3 puntos.
Abel Caballero ratificou que Vigo está "substancialmente por encima do resto de concellos de Galicia", tras o que amosou a súa "satisfacción" e avanzou que "seguiremos traballando para conseguir 100 sobre 100" puntos.
Descargar todas as imaxes