Escoitar

O Concello prepara unha praza en Martínez Garrido cun mural de Villalobos de 60 metros

O alcalde, xunto a varios integrantes do seu goberno, visitou este luns o Parque Central, onde o artista Nelson Villalobos traballa no gran mural que o Concello instalará na futura praza de Martínez Garrido, situada entre os camiños de Medeiro e Sobreiro. Ademais, Caballero revelou que o novo espazo homenaxeará cun busto ao rexedor que da nome á Avenida, fusilado en 1936 polo franquismo.

luns, 2 feb 2015
1422881587mural.JPG
Abel Caballero sinalou que o mural de Nelson Villalobos, de 60 metros de lonxitude, será o "elemento central" da nova praza que prepara o Concello no lateral de Martínez Garrido, entre os camiños de Medeiros e Sobreiro.

O alcalde detallou en rolda de prensa que a nova praza terá 600 metros cadrados, inclúe a construción dun muro de contención, a renovación de luminarias e da rede de rego, melloras no mobiliario urbano e unha xardineira de 33 metros. Caballero engadiu que se renderá homenaxe a Martínez Garrido, alcalde republicano fusilado en 1936 polo franquismo, coa colocación dun busto na praza.

Como parte do proxecto municipal de levar a arte ás rúas da cidade, Abel Caballero recordou que xa están iniciados os traballos de humanización da futura praza de Peniche, entre Pazos e Entronque, que tamén contará cun mural, desta volta a cargo de Antón Pulido.
Descargar todas as imaxes