Abel Caballero destaca a calidade da nova edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo e augura un éxito rotundo de participación

mércores, 7 xul 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o presidente da Asociación Festival Aéreo de Vigo, Pablo González, asinaron esta mañán o convenio para a organización e desenvolvemento do certame que, este año, chega a súa décima edición xa consolidado coma o evento de ocio de maior afluencia do noroeste peninsular.

Caballero lembra o emprego xerado no parque comercial Meixueiro no seu primeiro aniversario<br />

luns, 5 xul 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou o sábado pola mañám o primeiro aniversario do Parque Comercial Meixueiro xunto a propietarios, empresarios e traballadores das empresas ubicadas no centro comercial.O rexedor lembrou que o parque xerou preto de 500 empregos que supuxeron un novo pulo empresarial para a cidade e así a amosa o éxito das firmas instaladas nos 19.000 metros cadrados de superficie comercial que ocupa o centro comecial.

A Xunta de goberno local aproba o convenio cos sindicatos para o control das obras do FESSL por un importe de 90.000 euros

luns, 5 xul 2010

Dáse luz verde ao acordo con UGT, CCOO e CIG polo que cada unión comarcal recibirá un importe de 30.000 euros para vixiar as condiciones laborais dos traballadores, o cumprimento dos horarios e a prevención de riscos. O alcalde, Abel Caballero, destacou que na segunda fase do coñecido Plan Zapatero Vigo ten asinados 32,5 millóns de euros que xenerarán na cidade uns 2.300 empregos aproximadamente.