VIGO CO MUNDIAL

O Concello habilitará a pantalla xigante en Castrelos ante o éxito das pasadas convocatorias

luns, 5 xul 2010

Debido ao grande éxito de participación nas pasadas convocatorias, nas que máis de mil persoas seguiron os encontros de España no Mundial desde a Praza de Compstela, desta volta o Concello decidiu habilitar a pantalla xigante en Castrelos. Os vigueses volveron a concentrarse o pasado sábado na Alameda viguesa (na imaxe) para seguir o partido que enfrontou a España e Paraguai e que lle deu á selección española o pase a semifinais. A convocatoria, na que estivo presente o alcalde de Vigo, volve a confirmar a boa acollida da iniciativa do Concello. O vindeiro mércores as 20:30 horas os seguidores da selección poderán presenciar o choque entre España e Alemaña no parque de Castrelos.

O Alcalde salienta que o novo sistema semafórico para invidentes funcionará un mes de xeito experimental

luns, 5 xul 2010

Abel Caballero asistiu á posta en funcionamento dos novos semáforos acústicos que permitirán as persoas invidentes ter máis información e facilidades á hora de cruzar unha rúa. Hoxe luns entraron en funcionamento en sete rúas da cidade e de ter boa acollida iránse incorporándo paulatinamente as calles do centro da cidade. O alcalde insistiu en que esta actuación ten custe 0 para os cidadáns porque a renovación é asumida pola empresa concesionaria.

Vigo coa selección

O Concello habilita novamente unha pantalla xigante na Alameda para seguir o España-Paraguai<br />

venres, 2 xul 2010

A Praza de Compostela volve a acoller este sábado aos afeccionados da selección española que queiran seguir o partido de cuartos de final do Campionato Mundial de Fútbol que enfronta aos combinados nacionais de España e Paraguai, ás 20:30 horas. Tras o éxito de asistencia da pasada eliminatoria, o Concello volve habilitar na Alameda unha pantalla de grandes dimensións.

O alcalde recibe o respaldo unánime do Consello Escolar de Vigo para o proxecto municipal do colexio Altamar

venres, 2 xul 2010

Abel Caballero transmitiulle hoxe venres á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de alunos (FOANPAS) que o goberno municipal xa fixo unha proposta oficial á Xunta na que se plantexa a reconstrucción do centro escolar na súa ubicación aproveitando todo o espazo dispoñible e duplicando a capacidade actual. O rexedor subliñou que a proposta é técnicamente posible e educativamente axeitada.

O alcalde salienta a "coincidencia prácticamente absoluta" cos usuarios do Porto de Vigo nos proxectos portuarios

venres, 2 xul 2010

Abel Caballero reuníuse coa nova directiva da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, "dirixentes cos que comparto o grande proxecto do Porto de Vigo desde a sintonía absoluta". O alcalde transmitiulles que "non asumimos ningún deterioro do área pesqueira do Berbés" e amosaronse tamén de acordo na peonización do Berbés cun túnel que resolvería os accesos portuarios en todas direccións. Ademais, o Concello estudará alternativas á eliminación do tráfico pesado de Sanjurjo Badía.

O alcalde salienta que a humanización de Celso Emilio Ferreiro salda unha "débeda histórica" da cidade

xoves, 1 xul 2010

Os traballos de mellora da zona deron comezo este xoves co derrubo das cinco infravivendas da esquina con Venezuela. A humanización contempla novas beirarrúas de granito, mellora do saneamento, máis zonas verdes, manterá o sentido único de circulación e as prazas de aparcamento actuais. A reforma, que inclúe a ampliación do parque e a construcción da nova rotonda do Bicentenario, estará concluída a finais de outubro cun investimento de 1,2 millóns de euros.

Caballero convocou ao Eixo Atlántico para adoptar unha posición común contra o peaxe das autovías do norte de Portugal

xoves, 1 xul 2010

O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico informou este xoves que reunirá ao Comité Executivo da entidade o vindeiro 16 de xullo para estudar o plantexamento do goberno portugués de cobrar nas autoestradas do norte de Portugal. Caballero agarda adoptar unha posición común contraria á proposta do país luso e cualificou de "intolerable" "penalizar aos vigueses nas súas viaxes a Portugal".