Escoitar

O Concello súmase á campaña de Amnistía Internacional pola abolición da pena de morte

Caballero informou este xoves que a entidade solicitou o apoio do Concello na súa iniciativa para facer de novembro o mes da abolición da pena de morte en todo o mundo. O goberno local ubicou na Casa Galega da Cultura unha pancarta co lema "Cidades pola Vida. En contra da Pena de Morte".

xoves, 13 nov 2014
Caballero sinalou que a finalidade da campaña de Amnistía Internacional é tamén unha "convicción firme" do Concello de Vigo e considerou "imprescindible" a abolición da pena de morte.