O rexedor subliña a función de "axentes de exportación" dos representantes de comercio
Caballero entrevistouse este mércores cos responsables da Asociación de Representantes de Comercio, que celebran en decembro o seu 60º aniversario. O alcalde indicou que moitos dos representantes vigueses operan tamén no norte de Portugal, actuando como "axentes de exportación" das empresas da cidade.