A Fundación Provigo encarga un estudo sobre o posicionamento estratéxico da cidade
Caballero deu conta esta mañá da decisión de Provigo de contratar un informe de estudo de posicionamento estratéxico da cidade de Vigo e a súa área. Logo de presidir o padroado da fundación, Caballero certificou en rolda de prensa "a boa saúde desta entidade" a pesar do abandono de moitas institucións.
O presidente de Provigo, Abel Caballero, avanzou hoxe xoves que o padroado da fundación aprobou do prego de cláusulas particulares e técnicas para a contratación dun informe de estudo de posicionamento estratéxico da cidade de Vigo e da súa área. Tal e como explicou en rolda de prensa, este paso previo ao un plan estratéxico ten como obxectivo que Vigo manteña a súa estrutura industrial, económica e social.
Durante a reunión mantida esta mañá, engadiu, tamén se deu conta dun informe sobre as xornadas Vigo ante o seu futuro, desenvolvidas desde a Fundación baixo os seguintes títulos: ocio, comercio e hostalaría; loxística e transporte; modelo produtivo en Vigo e a súa área e fondos estruturais europeos. En verbas do rexedor, esta actividade "aglutinadora da clase empresarial e traballadora" amosa "a boa saúde" e a independencia que mantén a Fundación Provigo, a pesar do abandono de institucións gobernadas polo PP como Xunta, Deputación ou Autoridade Portuaria.
Descargar todas as imaxes