Unha empresa viguesa cede ao Concello unha maqueta do proxecto de Balaídos impreso en 3D
Caballero recibiu hoxe venres de mans da empresa viguesa Lupeón SL unha maqueta do proxecto de Balaídos que foi impresa en 3D. A tecnoloxía desta compañía permite facer pezas en tempo real directamente utilizables, tal e como lle explicaron os técnicos ao rexedor.
Enxeñeiros de Lupeón SL fixeron esta mañá entrega ao Concello dunha maqueta do proxecto de Balaídos que foi impreso en 3D. Durante o encontro, os técnicos Luis Mandayo e Adrián Sánchez explicaron ao rexedor que a tecnoloxía utilizada permite facer pezas en tempo real directamente utilizables. Segundo aclarou o rexedor na posterior rolda de prensa, esta empresa viguesa, que participou nas xornadas JAI 2014, é capaz de tecer o modelo a través dos planos en 3 dimensións, que se integran para compoñer a maqueta. Esta tecnoloxía permite que, dotando á maquina do material e das dimensións, pode facer calquera peza en tempo real.
que participou en JAI, tejer o modelo a tra´ves dos planos en 3 dimiensión, se integran e se realiza a maqueta. É capaz de facer pezas en tempo real directamtne utilizables, colócase o material, dáselle a dimensión e opde facer calquera peza en tempo real.
Descargar todas as imaxes